EU

Ola!

Son Mariola López e vivo en Ferrol, unha pequena cidade costeira de Galicia. Encántanme o océano e a natureza, crear cousas coas mans, expresarme e comunicarme cos demáis. Creo no decrecentismo e son crebeira. Ademáis trato de levo un estilo de vida "lixo zero" no que intento non producir residuos.




Estudei Enxeñería Naval e Oceánica e aínda que me adiquei un tempo a esta profesión, actualmente levo un proxecto creativo personal chamado Onda Nosa que compaxino con accións de educación ambiental. Se queres saber máis sobre a miña faceta profesional ou propoñerme a participación nun proxecto, podes botar unha ollada ao meu Linkedin ou enviarme un correo electrónico a ondanosa@gmail.com .

O meu tempo de lecer adícoo á horta, ea  pasear cos meus tres preciosos canciños: Ron, Nila e Dul. (Actualización : agora sen Ron, que está no ceo :( ) E ás veces, a proxectos de voluntariado por aquí e acolá.

Quizais penses que é un pouco personalista poñerlle o meu nome ao blogue, mais xa teño un proxecto (Onda Nosa) e crear outro parecíame confuso, así que, chameille a este como a mín me chaman. Aquí comparto os meus pasos, e o meu pensar. Benvido ao meu mundo.


Mariola López



Comentarios

Publicacións populares