LIXO ZERO. A compra da semana
Non sempre é sinxelo atopar lugares onde facer a compra sen plástico , semella que o sistema estivera feito para que obrigatoriamente, teñamos que pagar por el (porque non nos enganemos, o plástico das bolsas e embalaxes non é de balde, pagámolo nós como parte do produto). Dende o meu punto de vista, son os gobernos quen debería regular a produción e usos do plástico dun só uso: eles teñen o poder de crear un cambio xigante e real e impulsar ás empresas a actuar dun xeito responsable para con nós e o medio que nos rodea. A solución pasaría entón, por esixir ditos cambios. Mais isto non é incompatible co consumo responsable. Como consumidores temos un poder enorme: o noso consumo é unha arma , unha arma e unha ferramenta. Diría incluso que é unha especie de activismo. Para quen a autosuficiencia alimentaria (producir nós mesmos os nosos alimentos) non é unha posibilidade tanxible a curto prazo, intentar xerar o mínimo impacto posible , e apoiar iniciativas que están a facel